Pensando o Futuro: Desafíos ante a violencia sexista nas redes e a manosfera

AC Alexandre Bóveda

A socióloga e profesora da Universidade de Vigo Iria Vázquez Silva, especialista en estudos de xénero e violencias machistas, será a protagonista dunha nova sesión do ciclo Pensando o Futuro que organizamos para o mércores 19 de novembro ás 19.30 h.

Na súa intervención, Vázquez Silva afondará no crecemento da “manosfera”, o espazo dixital onde se articulan discursos machistas, negacionistas e anti-feministas, e analizará como o odio se organiza nas redes a través de foros e comunidades virtuais.
A palestra ofrecerá claves para entender e combater a violencia sexista en liña, desmontando os mecanismos de manipulación e ataque que se espallan neste novo territorio dixital.

Iria Vázquez Silva é doutora en Socioloxía, e profesora na Universidade de Vigo. É especialista en estudos de xénero, e experta en procesos migratorios e violencias machistas. É coordinadora do libro: Cómplices. A violencia machista institucional (Editorial Galaxia).

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 19 Novembro 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies