
O mércores 8 de outubro, ás 19.30 h, teremos a primeira sesión deste curso do ciclo Pensando o Futuro. Será cunha palestra de Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña, que nos falará dos estudos de Medicina: compromiso, visión e retos de futuro. Será o primeiro foro público onde acode o reitor para defender a proposta da necesidade de que a UDC conte cunha Facultade de Medicina.
Os estudos relacionados co ámbito sanitario están chamados a seguir medrando e incorporando novas ferramentas que permitan ofrecer unha atención cada vez máis personalizada. Desde a Universidade da Coruña, como parte do seu compromiso con Galicia e coa calidade do sistema universitario galego, iniciamos o proceso para impartir o grao en Medicina, tendo en conta os vimbios cos que contamos, entre eles un centro sanitario de referencia como o CHUAC e un centro de investigación como o INIBIC.
Do contexto actual destes estudos en Galicia e dos retos que temos como institución de educación superior falaremos nesta charla.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.