
O venres 2 de outubro ás 19.30 h, volta o Ciclo Pensando o Futuro, ciclo adicado ao pensamento crítico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
O primeiro encontro terá lugar coa intervención de Carmen V. Valiña, doutora en Historia Contemporánea e profesora na Universidade Europea Miguel Cervantes, co título Tolas ou incómodas? Saúde mental e xénero.
Entre 1885 e 1936, o manicomio de Conxo acolleu miles de mulleres, principalmente procedentes de pobos e aldeas de Galiza. Os seus expedientes revelan como as normas e os roles de xénero da época condicionaron a percepción da saúde mental feminina, chegando a converter comportamentos considerados “desviados” –como ser nai solteira, querer abandonar o matrimonio ou manter relacións fóra del– en motivos de reclusión psiquiátrica. Nesta palestra afondaremos na relación entre xénero e saúde mental na Galicia contemporánea e recuperaremos as voces e as historias destas mulleres, pechadas en Conxo durante décadas.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.