
O xoves 7 de maio ás 19.30 h, no noso local, organizamos a mesa redonda titulada “Pensar a música, celebrar a lingua”. Que queda da nosa cultura cando se apagan as luces dos macrofestivais e caducan os bonos da administración? Para reflexionar sobre o estado da creación cultural en Galiza, propoñemos un espazo de pausa e diálogo con tres voces imprescindibles: a xornalista e axitadora cultural María Yáñez, que guiará a conversa; Nuno Pico (Grande Amore), unha das voces máis singulares e directas da escena actual; e Diego Veiga (Moura), músico con longo percorrido e mirada crítica sobre o oficio e a creación.
Posteriormente, a partir das 21.00 h, a xornada trasladarase á discoteca do Circo de Artesáns para unha festa con pinchada e intervención musical a cargo do Dúo Cro-Cró, do que fai parte o propio Diego Veiga.
A entrada será libre ata completar a capacidade.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.