
O sábado 23 de maio, ás 20 h, no AQUARIUM FINISTERRAE, teremos unha performance enmarcada dentro da programación do festival RESÏS: COMO PEIXE FÓRA DA AUGA coa performer e artista visual ANA GESTO. É unha actividade feita en colaboración coa Asociación Aïs.
Como peixe fóra da auga é unha performance ligada ao contexto, inseparable do lugar onde acontece: na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae e na súa terraza aberta ao Atlántico. Ana Gesto convida ao público a unha experiencia activa a través do desprazamento e o son, dialogando a artista coa fauna mariña, diluíndo as fronteiras entre observador e observado, entre interior e exterior, entre humano e…
Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978) é artista visual e performer, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Na súa traxectoría conta coa participación en numerosos festivais e exposicións a nivel nacional e internacional. A súa obra fusiona performance, escultura e experimentación sonora. Traballa con obxectos de forte carga simbólica e co son como elemento esencial, explorando a identidade e o territorio, dándolle especial relevancia ao espazo público e social.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.