
Dentro do ciclo Outras historias de cinema, Martin Pawley, produtor e crítico de cinema, ofrécenos o xoves 6 de marzo, ás 19.30 h, unha nova sesión de Pioneiras da crítica, para falarnos de Silvia Mistral.
Nacida na Habana mais galega por parte de nai, Hortensia Blanch Pita tivo unha vida apaixonante e comprometida coa causa antifranquista. Ela foi unha das emigrantes a México a bordo do Ipanema, o barco que tamén levou ao exilio a Florencio Delgado Gurriarán, Ramón Cabanillas fillo ou Serafín Ferro. Mais antes diso foi unha nena que fixo a primaria en Vilalba e logo unha activa escritora cinematográfica que nos anos 30 colaborou con diversas revistas españolas. A través da súa intensa relación co cinema recordamos hoxe a peripecia vital de quen foi, ademais, autora de dous libros extraordinarios, “Éxodo” e “Madréporas”.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.