A guionista e directora Ruth Ann Baldwin é un dos misterios máis fascinantes do cinema mudo: a súa pista pérdese dende mediados dos anos 20 e nin sequera se sabe cando morreu. O único filme dirixido por ela que se conserva, ’49-’17, é unha asombrosa alfaia que xoga coa mitoloxía e os estereotipos do western nunha altura en que as obras maiores do xénero estaban aínda por nacer. Unha obra mestra coa que iniciamos un pequeno foco sobre as directoras pioneiras do cinema mudo, dentro do Cineclub Bóveda.
Disto falaranos Martin Pawley, crítico de cinema, programador e produtor.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR