Planta de biogás na Laracha: Impacto ambiental e social

Planta de biogás na Laracha: Impacto ambiental e social

O xoves 11 de xuño ás 19.30 h acollemos a mesa redonda organizada por ADEGA: Planta de biogás na Laracha: Impacto ambiental e social.

O auxe do biometano no territorio galego está a xerar un crecente conflito. Mentres a Xunta e as empresas defenden a valorización enerxética de residuos gandeiros e agroindustriais como parte da transición enerxética, organizacións ecoloxistas como ADEGA e a veciñanza alertan da falta de estudos rigorosos sobre o impacto destas macroplantas e do incumprimento da xerarquía de residuos. Ante a proliferación destes proxectos noutras localidades, a forte oposición á planta de Soandres, na Laracha, marca un fito nas loitas sociais da comarca coruñesa. Nesta sesión abordaremos en profundidade este proxecto e as consecuencias para o noso rural.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 11 Xuño 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Encontro

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies