Poesía contra o xenocidio

AC Alexandre Bóveda

O luns 7 de outubro cumprirase un ano desde o inicio do último episodio da guerra de Israel e Palestina. É verdade que crise humanitaria en Palestina non comezou o 7 de outubro porque o estado de Israel leva décadas utilizando a forza militar e a violencia desmedida para manter un réxime de apartheid en Palestina. Xa son máis de 40.000 as vítimas mortais nos últimos 11 meses.

Queremos facer un acto onde a cultura tome a palabra, un acto de memoria, de denuncia do xenocidio e para rachar co silencio.

Contaremos con Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente da AELG) e que xunto a Marta Dacosta, e grazas á tradución de Moncho Iglesias Míguez, veñen de realizar unha escolma de poetas palestinas para Nós Diario que leva por título Nacerán as oliveiras. Acompañarannos na lectura de poemas: Sahar Shatat, Lira, Ana Fraile e Violeta Meléndrez Doval. Colabora Acampada UDC.

As persoas que nos acompañen levarán de agasallo este caderno especial de 32 páxinas de poemas e autoría colectiva con obras de 23 escritoras e escritores palestinos.

Nesta actividade colabora UDCxPalestina.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 7 Outubro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36-1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Presentación

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies