
O venres 5 de decembro, ás 19.00 h, acollemos unha proposta creativa e profundamente comprometida: un obradoiro cartoneiro para apoiar ao pobo palestino a través da literatura.
Baixo o título “Poesía en Gaza”, o colectivo “Coser a ferida” (formado por Inma Doval e Emma Pedreira) e a editora cartoneira Nomelibro Nilointento únense para impartir un taller onde pintaremos a cuberta e encadernaremos artesanalmente a antoloxía poética Un sexto dedo en cada man. O libro recolle os versos do poeta palestino Nasser Rabah, traducidos ao galego por Emma Pedreira.
A actividade ten un fondo solidario directo: por un prezo de 12 euros levarás o teu propio exemplar do libro, manufacturado por ti mesma na sesión. O importe recadado irá íntegro para o autor, quen se atopa actualmente vivindo nun campo de refuxiados. Deste xeito, a experiencia poética sérveche para levar unha obra única á casa e axudar a quen sofre o conflito en primeira persoa.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.