
Dentro do ciclo “Pensando o Futuro”, o mércores 6 de maio ás 19.30 h Daniel González Palau falaranos da política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica.
Na súa disertación, González Palau achegaranos aos fundamentos históricos e á evolución da política exterior chinesa ao longo das últimas décadas. Prestarase unha especial atención aos debates que marcan a axenda actual: a competencia sistémica cos Estados Unidos, a defensa do multilateralismo e os complexos desafíos de seguridade, situando a cuestión de Taiwán no centro da análise.
Daniel González Palau é director adxunto do Observatorio da Política China-IGADI e coordenador do Observatorio Galego da Lusofonía-IGADI (OGALUS). Foi Director do IGADI entre marzo do 2017 e marzo do 2026.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.