A prensa en galego e en papel. A experiencia de compromiso d’O Sil e Nós Diario

Valdeorras Infinda, AC Alexandre Bóveda

Organizada por Valdeorras Infinda –en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda– convidamos a Carlos G. Hervella, director do xornal valdeorrés O Sil, e a Xoán Costa, presidente do Consello de administración de Nós Diario, a unha conversa sobre as súas experiencias como medios de comunicación en papel e en galego.

No caso d’O Sil, lévase publicando no Barco de Valdeorras cunha periodicidade mensual dende 1996, ampliando a súa zona de cobertura inicial dende a comarca de Valdeorras a toda a provincia de Ourense e o sur de Lugo. Ten unha redacción no Barco e outra en Ourense. Cunha forte implantación no rural e moitos suscritores da diáspora valdeorresa, é unha referencia da identidade da comarca, sendo dende os seus inicios unha publicación en galego.

Nós Diario ten unha traxectoria moito máis recente. Naceu nos albores da pandemia, en xaneiro de 2020, como unha evolución do semanario Sermos Galiza, que xa daquela dirixía Xoán Costa. A súa aparición cubriu un oco no panorama xornalístico galego e non só polo idioma, senón pola vontade de poñer a Galiza e o galego no centro.

A conversa estará conducida pola xornalista valdeorresa Cristina de la Torre.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 9 Outubro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36-1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies