
O luns 14 de setembro, ás 20 horas, presentamos a biografía ilustrada Begoña Caamaño, unha obra publicada por Edicións Embora que achega ao público infantil e xuvenil a vida e o legado da escritora e xornalista homenaxeada coas Letras Galegas 2026. O acto contará coa presenza da súa ilustradora, Nerea Gómez, e dos coautores dos textos, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que estarán acompañados na presentación pola escritora Emma Pedreira.
O libro é un rigoroso percorrido pola infancia, a formación e a traxectoria de Caamaño nos medios de comunicación, destacando o seu fondo compromiso coa lingua galega, a igualdade, o feminismo e a memoria. A obra detense dun xeito especial nas súas dúas novelas principais, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, onde a autora revisou os mitos clásicos e artúricos para darlles voz ás mulleres. Inclúe, ademais, recursos visuais como mapas e redes de personaxes que facilitan a comprensión do universo literario das súas obras.
As persoas responsables desta publicación combinan talento artístico e rigor literario. Nerea Gómez (Culleredo, 1996), graduada en Belas Artes, achega unha sensibilidade poética e unha marcada experimentación plástica. Icía Varela (Malpica, 2000), filóloga e recoñecida música de traxectoria internacional, e Xosé M. Varela (Malpica, 1967), docente e histórico dinamizador cultural da Costa da Morte, asinan uns textos sinxelos pero profundos. Xuntos conforman unha porta de entrada perfecta para descubrir a vixencia do pensamento dunha autora fundamental da nosa cultura.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.