Presentación da revista dixital “Quiasmo”

AC Alexandre Bóveda

A revista Quiasmo naceu como un proxecto de vangarda cunha marcada orientación afectiva galego-lusófona e tecendo pontes con Barcelona e Cataluña. Érguese como un ecosistema de coñecemento pensado para promover e difundir a arte, a literatura e a ciencia da rexión galego-lusófona. O seu propósito vai máis aló do simple carácter dunha revista, co obxectivo de inspirar o intercambio cultural e fomentar a cooperación intelectual neste territorio de patrimonio común. Quiasmo asúmese así como unha plataforma unificadora na que conflúen persoas do campo da ciencia, a arte, a literatura e o pensamento de todas as áreas para explorar o vasto territorio do coñecemento humano nunha era de cambios de paradigma.

A presentación contará coa participación de Tiago Alves Costa e Joana Magalhães, que dirixen a revista.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 22 Febreiro 2025
Hora: 12:00
Tipo de evento: Presentación

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies