Presentación de “A árbore desvelada” de Xavier Seoane

AC Alexandre Bóveda

O escritor e profesor coruñés Xavier Seoane presenta o seu novo poemario, A árbore desvelada, publicado na colección Tambo de KALANDRAKA.

Acompañarán ao autor a poeta Eva Veiga e o director da colección, Luís Rei Núñez.

A árbore desvelada traza unha paisaxe afectiva e moral na que cada poema rende homenaxe a persoas, feitos e lugares que marcaron a vida do autor. Son versos de gratitude, de exaltación da felicidade e tamén de denuncia fronte á destrución ambiental ou ás guerras.

Esta é a segunda obra de Xavier Seoane no catálogo de KALANDRAKA, logo da reedición de Espiral de sombras.

Nado na Coruña, Xavier Seoane estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura no IES Monelos. Desde os anos 70, participou activamente na renovación cultural galega a través da revista Luzes de Galiza e do grupo De amor e desamor. A súa traxectoria abrangue poesía, ensaio, narrativa e literatura infantil e xuvenil. Foi galardoado con premios como o Cidade da Coruña, o Esquío, o Caixanova ou o Espiral Maior.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 12 Marzo 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies