
O xoves 18 de xuño ás 19:30 h terá lugar a presentación do libro A batalla pola nación. Historia da creación e consolidación da Unión do Povo Galego. Volume I (1950-1966), volume editado pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, que recolle a crónica do conflito ideolóxico e político ao redor do feito galego, das posibilidades, capacidades e estratexias do país para desenvolverse e do seu papel no mundo e no Estado.
O tempo político que debulla este traballo é o da década dos 50 e dos primeiros 60. Nel percorrésense as diverxencias do núcleo liderado por Ramón Piñeiro con Daniel Castelao e o nacionalismo exiliado en América, a primeira contestación das novas xeracións á política do grupo Galaxia, a aparición do asociacionismo cultural, o nacemento e morte do Consello da Mocidade, o nacemento do Partido Socialista Galego (PSG) e da Unión Cristián-Demócrata da Galiza (UCDG) e a constitución en 1964 da Unión do Povo Galego, co que se inaugura o capítulo contemporáneo do nacionalismo galego.
O autor deste volume é o xornalista de Nós Diario e investigador Xosé Ramón Ermida Meilán, quen ten elaborado diversos traballos de investigación sobre a historia do nacionalismo e dos movementos sociais e políticos da Galiza contemporánea.
Falarán:
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.