
O venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, presentase o libro A Gran Familia. Figuras clave da música tradicional galega, publicado en Xerais por Tomás Cuesta González. Trátase do primeiro traballo deste mestre de escola e debuxante nado en Meira en 1989, quen aproveita o maxisterio para espallar entre o alumnado miúdo as súas inquedanzas artísticas e culturais, e que aquí une o debuxo coa súa faceta de «escoitador» obsesivo de música.
A obra propón un percorrido polos protagonistas máis senlleiros do noso patrimonio musical, aqueles que sen sabelo configuraron a identidade sonora de Galicia: gaiteiros e pandeireteiras, tocadores de trompa e acordeonistas, repentistas e cegos errantes, canda grupos e coros históricos que posan para este particular retrato familiar. Co sabor da fotografía antiga, Cuesta ilustra cada relato biográfico cunhas estampas que evocan a sociedade rural na que xurdiu esta tradición.
No acto, o autor estará acompañado polo músico e dinamizador cultural Xurxo Souto e polo director de Xerais, Fran Alonso. A sesión pecharase coa música en directo do acordeonista Brais Maceiras.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.