
O sábado 17 de outubro, ás 12 da mañá, Manuel Rivas presenta no noso local a súa última obra, A revolución dos vagalumes, editada por Xerais.
«Vivimos na distopía, nun mundo dominado pola Maquinaria de Facer Desacougar. A revolución dos vagalumes describe ese tempo histórico desapiadado, onde a aceleración retrógrada vai da man do tecnofeudalismo, dos negacionismos e dun narcisismo tirano. Mais hai unha constelación de xentes e de pobos que non se afai á inxustiza e exerce o dereito a soñar sen medo», sinala Rivas sobre este novo traballo.
Nun contexto no que unha Maquinaria de Facer Desacougar semella marcar o rumbo do planeta coma unha apisoadora de aceleración retrógrada cara á descivilización, o libro eríxese nunha resposta urxente e lúcida. Rivas diagnostica ese «mal de aire» que actúa como pesticida do pensamento e herbicida das palabras: un novo DDT sostido sobre o Despotismo, a Depredación e un Terror semántico que tenta normalizar proclamas canallas coma «La guerra è bella!». Diante do conformismo e a submisión das elites intelectuais e mediáticas, A revolución dos vagalumes desarma os discursos negacionistas e convoca as palabras a volver escoitar, dicir e facer fronte a este feísmo inmoral. Un manifesto para rescatar a pulsión creativa e xerminal que a humanidade comparte coa natureza, esa constelación de rebeldía coa que exercer, sen concesións, o dereito a soñar sen medo.
Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos narradores e poetas máis recoñecidos e traducidos da literatura galega contemporánea. Membro da Real Academia Galega e recoñecido co Premio Nacional das Letras Españolas, a súa traxectoria como escritor e xornalista abrangue décadas de compromiso inquebrantable coa defensa do territorio, a memoria histórica e as liberdades cívicas.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.