
Arredor de Castelao no século XXI da autoría de Pilar García Negro é unha reedición dun clásico imprescindible, publicado orixinalmente en 2001 e agora actualizado para conmemorar o 75º aniversario do falecemento de Castelao, unha das figuras máis relevantes do s. XX.
O libro aborda a visión política de Castelao, a súa obra artística, o seu compromiso coa lingua galega e a plena vixencia das súas ideas no debate contemporáneo.
Co rigor de Mª do Pilar García Negro e a coidada edición de Laiovento, esta publicación é unha oportunidade única para redescubrir a actualidade e a inspiración que emana da figura de Castelao.
Acompañarán a Pilar García Negro na presentación o catedrático de Literatura e escritor Xosé Luís Axeitos e o catedrático da UDC e presidente de Galiza Cultura Xosé Manuel Carril.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR