
O xoves 9 de outubro, ás 19.30 h, presentarase no noso local o libro Atravesar o don de Fran Fernández Davila.
En Atravesar o don, obra gañadora do Illas Sisargas 2025 de poesía erótica, Fran Fernández Davila invítanos a rachar as fronteiras dos afectos, a recoñecer as propias e a debuxar o erotismo desde o máis intímo ao máis cotián e prosaico. Un percorrido pola pel propia e a allea.
Fran Fernández Davila é enxeñeiro de profesión, dedicándose dende o ano 2000 ao deseño e construción de máquinas e instalacións de refrixeración e conservación. Comezou a escribir en 2016 e dende entón acadou máis dunha trintena de premios literarios, a metade de poesía e a metade de narrativa.
É autor de oito libros individuais: cinco novelas — A senda de sal (Galaxia, 2017), Alana (Toxosoutos, 2018), O bosque do duque. ‘s-Hertogenbosch (Galaxia, 2022), Groenlandia (Galaxia, 2023) e Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (Fundación Vicente Risco, 2023) — e tres poemarios: Mover os Marcos (Instituto de Estudos Miñoráns, 2019), koиpostєla (Concello de Padrón, 2023) e Palabras Mortas (Medulia, 2024). Tamén participou en múltiples publicacións colectivas.
Acompañará ao autor Emma Abella.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.