
O mércores 21 de xaneiro, ás 19.30 h, terá lugar a presentación do volume Castelao. Chama e alento incesantes, publicado por Tempo Galiza Editora. O acto contará coa participación de Xoan Costa e Pilar García Negro.
Esta obra supón unha nova achega da Federación Galiza Cultura ao estudo e divulgación da figura de Castelao, enmarcándose na campaña Revivindo Castelao (Simbolismo e vixencia do seu legado). Nun contexto de desatención oficial e perversión histórica, este libro colectivo nace coa finalidade de combater a ignorancia e a manipulación arredor do intelectual galeguista. Tomando como fonte principal o Sempre en Galiza, os autores guíanos polo pensamento político de Castelao, reivindicando a súa absoluta actualidade para reforzar a dignidade colectiva e construír o futuro do país.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR