Presentación de «Contos do Valadouro»

AC Alexandre Bóveda

O luns 2 de febreiro, ás 20.00 horas, acolleremos a presentación de Contos do Valadouro (Edicións Embora, 4ª edición, 2025), unha obra fundamental asinada por Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Isaac Ferreira.

Trátase da maior recompilación de literatura popular realizada en Galiza até o presente. O volume recolle 357 contos e lendas que, ademais do seu innegable valor literario, conteñen valiosos datos etnográficos e antropolóxicos, constituíndo un material de primeira liña para o coñecemento da identidade cultural do noso país.

No acto contaremos coa presenza de dous dos seus autores:

  • Xesús Pisón: Escritor recoñecido pola súa obra dramática, tanto publicada como escenificada. A súa obra máis recente é Lúas do Orzán (2024), que acolle os seus textos máis significativos.

  • Isaac Ferreira: Autor nativo do Valadouro e moi comprometido coa cultura galega. Ademais de coautor desta obra, publicou Arqueoloxía do Valadouro e Inventario do Patrimonio Histórico do Valadouro, xunto con diversos poemas e relatos.

Durante a presentación lembrarase a figura de Manuel Lourenzo, coautor da obra falecido recentemente.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 2 Febreiro 2026
Hora: 20:00
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies