
O mércores 5 de marzo, ás 19.30 h, presentaremos O cabuchón vermello, primeira obra literaria de Alejandro Otero, editada por Espiral Maior.
A novela desenvolve a súa acción narrativa na cidade de Santiago Compostela. De carácter histórico e ao mesmo tempo actual, imbrica no relato acontecementos como o Crime da Balconada (século XIV) e o Curso Universitario 1992-1993 a través das vivencias dun estudante de antropoloxía. Máis de 400 páxinas de dúas historias temporais que se unen nun único corpo literario para crear intriga, suspense, e ser mostra dun relato de gran poder de atracción que trata das miserias e das ambicións desmedidas do ser humano.
Alejandro Otero Jamardo (Santiago, 1972) é licenciado en Xeografía e Historia pola USC e técnico superior en Artes e Deseño, na especialidade de xoiería, pola Escola Mestre Mateo de Santiago.
Na presentación estarán, ademais do autor, Antonio Tizón, escritor, Juan Carlos Díaz del Valle, músico e presidente de “A Casa da Troia”, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR