Presentación de “O conto da leiteira”

AC Alexandre Bóveda

O xoves 18 de setembro, ás 19.30 h, presentarase no noso local O conto da leiteira, de Vicente Vázquez Vidal, publicado por Editorial Caldeirón.

O conto da leiteira é unha pequena xoia literaria, especie de saga familiar, a herdanza non sempre desexada e o fume do progreso que non sempe é tal. Unha voz do que foi, do que puido ser e do que quizais chegue un día…ou non.

Foi galardoado co XXVIII Premio Francisco Añón de Poesía. Acompañará ao autor a escritora Emma Pedreira.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 18 Setembro 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies