
O venres, día 2 de maio, ás 19.30 h acollemos a presentación de O que estou a dicir cando digo «ALTRI NON!» de Xosé de Cea.
Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. Isto quizais se deba a que ese pulo é tan persoal e de cadaquén que nunca se poderá elevar á categoría de verdade universal nin servirá para soster argumentos obxectivos. Agora, co presente ensaio, editado por Laiovento, Xosé de Cea aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.