O luns 16 de marzo ás 20.00 h, acollemos a presentación de O Rei Sabio, de Simon R. Doubleday. Esta obra, editada polo Servizo de Publicacións da USC, inaugura a colección Kátaba de temas medievais e supón a primeira tradución a unha lingua allea ao inglés do orixinal publicado en 2015.
Non se trata dunha simple tradución, senón dunha revisión profunda na que o autor afonda nos elementos vinculados a Galiza. A obra ofrece unha fermosa biografía de Afonso X, o “rei filósofo”, cuxa fascinación pola cultura islámica deixou unha pegada indeleble na civilización occidental e facilitou o camiño cara ao Renacemento europeo.
O acto consistirá nun coloquio a tres bandas no que intervirán:
Simon R. Doubleday: Investigador distinguido Beatriz Galindo na USC e autor do libro. Tras décadas como docente na Hofstra University de Nova York, é actualmente profesor na Facultade de Xeografía e Historia da USC e colaborador habitual na prensa galega.
Miguel Giadás Quintela: Profesor de Filoloxía Latina na USC e tradutor da obra.
Xosé M. Andrade Cernadas: Catedrático de Historia Medieval na USC, que conducirá o debate.
No coloquio abordaranse cuestións relativas ao medievo e os retos da arte de verter un texto histórico a outra lingua. Ao remate, poderanse adquirir exemplares asinados polo autor e polo tradutor.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.