
O martes 15 de abril, ás 19.30 h, acollemos a presentación do libro Personaxes da Galiza medieval II.
A Asociación Cultural O Galo de Santiago está a editar unha colección sobre personaxes da Galiza medieval, para contar a historia de homes e mulleres que desempeñaron na nosa Terra un rol relevante, entre os séculos VI e XV. É importante coñecer a nosa historia e tomar conciencia sobre a ocultación e deturpación que sufriu canto sucedeu aquí ao longo dos séculos.
Coa elección destes personaxes do medievo, na AC O Galo, pretenden dar a coñecer a capacidade de decisión e de intervención na política peninsular que acadou o reino de Galiza nese período fronte a unha concepción monolítica e centralista do Estado español que silenciou a importancia destes personaxes.
Reinterpretar a tradición e a historia constitúe algo básico para activar, asentar e modernizar a identidade e os comportamentos dos pobos.
As biografías que aquí se recollen son as da raíña Dona Sancha, Fernando e Vermudo Peres de Trava, o arcebispo Bernardo II, Paio Gómez Chariño, Afonso Soares de Deza, Pedro Fernández de Castro e Fernando Ruis de Castro.
Contaremos nesta presentación co historiador Xosé Miguel Andrade Cernadas, catedrático na USC (coautor desta obra) e con Mª Antonia Pérez, profesora titular na UDC.
As persoas que nos acompañen levarán de agasallo este libro que se editou grazas a unha axuda da Deputación da Coruña.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.