Presentación de “Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín”

AC Alexandre Bóveda

O mércores 9 de abril, ás 19.30 h, presentarase a obra Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín, con Anxo Angueira.

A figura e máis a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista. O responsable desta edición é Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta que ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.

Acompañará a Anxo Angueira na presentación o escritor e membro da RAG Xosé Lois Axeitos.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 9 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación