«Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas.
Beatriz Maceda é escritora e vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Autora de varios libros e álbums ilustrados, hai un ano, xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, publica o álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» e agora Teganga.
Acompañará á autora Yolanda Sánchez Méndez, profesora e coordinadora da biblioteca no IES Agra do Orzán.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR