
O luns 20 de abril, ás 20:00 h, o noso local acollerá a presentación do libro Unha historia mínima do Partido Socialista Galego, do politólogo Millán Fernández López. A obra, publicada por Companha, é unha viaxe ás orixes do socialismo democrático no nacionalismo galego e ás súas contradicións de clase e nación: da clandestinidade antifranquista e nas primeiras eleccións autonómicas naceu e foi evolucionando unha das experiencias políticas máis singulares e influentes da Galiza contemporánea: o Partido Socialista Galego (PSG).
Na mesa, o autor estará acompañado polo editor Carlos Calvo Varela e por Mario López Rico, antigo militante do PSG.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR