
O mércores 4 de xuño, ás 19.30 h, preséntase no noso local Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor.
Constitúe a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto (crítico) de cada cantiga vai acompañado das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dunha paráfrase en galego actual, para alén dun QR que liga cada poema á edición completa en Universo Cantigas. A obra representa un fito no mundo académico da Galiza e Portugal que está a ter unha excepcional acollida tanto en ámbitos nacionais como internacionais.
Coa coordinación de Manuel Ferreiro (UDC), principal responsábel polo proxecto, a equipa básica de traballo está formada por Mariña Arbor Aldea (USC), Bieito Arias Freixedo (UVIGO) e Leticia Eirín (UDC), todas elas persoas de recoñecida traxectoria académica no ámbito dos estudos e da edición de textos medievais galego-portugueses.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.