Presentación de «Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo»

Presentación de «Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo»

O luns 22 de xuño, ás 20 horas, terá lugar a presentación de Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo, o segundo volume desta serie.

Esta obra recolle a edición das 501 cantigas de amigo galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto crítico de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, para alén da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun QR que liga cada poema á edición completa en Universo Cantigas.

Estarán no acto Bieito Arias Freixedo, Leticia Eirín e Manuel Ferreiro.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 22 Xuño 2026
Hora: 20:00
Tipo de evento: Presentación