
O xoves 12 de febreiro, ás 19.30 h, acollemos a presentación do audiovisual Saberes e sabores. Mulleres que alimentan a vida, un acto que contará coa presenza da súa directora, Encarna Otero.
Esta peza, realizada pola Comisión Técnica Imaxes e Voces do Consello da Cultura Galega (CCG), achegase ao traballo das cociñeiras no seu sentido máis amplo: desde o abastecemento, a planificación e a elaboración, ata a conciliación familiar e o resultado final no prato. As protagonistas son catro mulleres cociñeiras e innovadoras: Lucía Freitas, Ana Portals, Consuelo Rodríguez Ribadulla e María Xosé Sanmartín Rodríguez.
A proxección pretende servir de mostra do traballo anónimo e moitas veces invisible das mulleres no mundo da cociña e na economía galega. Tal e como apunta a directora, este produto é unha síntese de nove horas de gravación que pasarán a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia, quedando a disposición de investigadores e investigadoras.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.