
O venres 16 de xaneiro, ás 19.30 h, no noso local, presentamos o caderno Antimilitarismo na Galiza (Ideas Impresas). No acto, os autores, Bieito Lobeira e Manuel Caride, estarán acompañados de Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galiza.
Trátase dun monográfico dedicado á loita antimilitarista na Galiza escrito por dúas persoas que teñen esta cuestión amplamente estudada e poden falar en primeira persoa e con coñecemento de causa: Bieito Lobeira e Manuel Caride, militantes nacionalistas, no seu día insubmisos ao exército español, que xunto a moitos outros, formaron parte dunha loita colectiva.
Nun contexto de rearme a nivel mundial sen precedentes desde o fin da Guerra Fría, unha análise deste tipo é sumamente necesaria para entender a utilidade da loita social, a ausencia de accións que avancen cara un mundo máis desmilitarizado e a necesidade de recuperar a loita antimilitarista.
É un acto organizado en colaboración coa Fundación Galiza Sempre.
As persoas asistentes poderán levar como agasallo un exemplar do caderno.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR