
O martes 30 de xuño ás 19:00 h, o Fórum Metropolitano será o escenario dunha xornada impulsada xunto coa Fundación Galiza Sempre e as asociacións veciñais da Agra do Orzán e dos Castros.
O século XIX foi un tempo marcado polas revoltas, a chamada Primavera dos Pobos foi un tempo en que media Europa se ergueu en defensa da dignidade das clases populares. E Galiza non foi allea a este tempo.
Por primeira vez, o documental 1846 Revolución Galega da autoría de César Caramés analiza desde unha perspectiva galega o que foi un tempo de revolución e de unidade contra as inxustizas. Combinando recreacións artísitcas con testemuñas de investigadoras e especialistas ofrece unha visión divulgativa e accesible sobre un episodio descoñecido da nosa historia.
Participará o director do documental e autor desta investigación, César Caramés, con quen poderemos dialogar sobre este fito histórico do noso país.
Pregámovos puntualidade, dado que o inicio do acto vén determinado pola propia sala de proxección. Non é necesaria inscrición.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.