Presentación do documental «O barrio en feminino, unha experiencia educativa»

AC Alexandre Bóveda

O luns 17 de novembro, ás 20.00 h, proxéctase na nosa sede a curta documental O barrio en feminino, unha experiencia educativa.

En 2018 naceu no CEIP Concepción Arenal da Coruña o proxecto ‘O barrio en feminino’, unha iniciativa coa que o alumnado percorre os barrios de Catro Camiños e Oza en clave feminista. É un roteiro guiado que celebran cada 8 de marzo e no que, a través do rueiro, redescubren a súa contorna con xogos e dinámicas, poñendo en valor a pegada das mulleres en lugares como A Cubela, A Palloza ou o río Monelos.

Tras sete anos de celebración, o colexio realiza en 2025 esta curta documental de 15 minutos de duración. Nel recóllese a esencia dunha iniciativa que en oito anos xa desfrutaron máis de 350 rapaces e rapazas.

O documental foi gravado polo alumnado coa axuda dos mestres Pepe Antas e Davinia Tomé e a realizadora Cristina de la Torre. Conta ademais coa participación da Biblioteca de Estudos Locais e de Ana Romero, do Instituto Xosé Cornide.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 17 Novembro 2025
Hora: 20:00
Tipo de evento: Proxección

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies