Presentación do libro «Carnívoras e domésticas»

AC Alexandre Bóveda

O mércores 11 de febreiro ás 19.30 horas acompañaremos a Jorge Rodríguez Durán na presentación do seu libro Carnívoras e domésticas, publicado na colección de adultas de Cuarto de Inverno.

Esta obra, que marca a súa incursión no relato breve e microrrelato, preséntase como un conxunto de historias eremitas sobre a vida cotiá. O libro instálase no xogo, na liberdade, nos reveses vitais e, sobre todo, no melodrama, convidando á lectura coa premisa de que nada é tan serio como aparenta.

Jorge Rodríguez Durán (Vigo, 1993) é graduado en lingua e literatura inglesas pola USC e técnico de apoio á investigación. Formouse tamén en impresión gráfica para desenvolver o seu labor como editor e maquetador no proxecto Micromundos. Na súa traxectoria literaria destacan poemarios como COSMO(a)GONÍA (2021) e o micropoemario Manual de estilo (2019). Como tradutor, levou ao inglés a obra de Emma Pedreira e trouxo ao galego a poetas irlandesas. Desde 2023 forma parte do Consello de Redacción da revista Dorna.

Na presentación estará acompañado por Emma Pedreira e Ana Varela.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 11 Febreiro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies