
O martes 5 de maio ás 19:00 horas acolleremos na nosa sede a presentación do Protocolo O Galego, Lingua Vital, unha iniciativa impulsada pola plataforma Queremos Galego. Baixo o título “O galego, lingua vital: alternativas para reverter a emerxencia lingüística”, o acto servirá para expoñer un conxunto de medidas e propostas cidadás que buscan dar resposta á inacción da administración ante a preocupante situación actual do noso idioma.
A presentación contará coas intervencións de Celia Armas, coordinadora de Queremos Galego, Marcos Maceira, portavoz da plataforma e Xosé Losada, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.. O obxectivo deste protocolo é ofrecer ferramentas e alternativas sociais para revitalizar o uso do galego en todos os ámbitos e reverter o proceso de emerxencia lingüística que atravesa o país.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.