Presentación do proxecto de vivenda colaborativa «As Lavandeiras»

AC Alexandre Bóveda

O xoves 29 de xaneiro, ás 19:30 h, no noso local, acolleremos a presentación do proxecto de vivenda colaborativa As Lavandeiras.

As Lavandeiras é o primeiro proxecto de vivenda colaborativa en cesión de uso na Coruña. Unha oportunidade para construír un fogar desde a participación, a democracia e o respecto mutuo, que procura unha alternativa real ao modelo tradicional.

No acto participarán integrantes do seu colectivo promotor que exporán os inicios do proxecto e a situación actual do acceso á vivenda na cidade.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 29 Xaneiro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies