Proxección de “Gaza: la franja del exterminio”

AC Alexandre Bóveda

O luns 7 de abril, ás 19.30 h, proxectaremos o documental producido por México e Exipto Gaza, la franja del exterminio.

Un achegamento até as entrañas da Franxa de Gaza, na perspectiva dunha «antropoloxía salvaxe», é o que amosa a película documental Gaza: a franxa do exterminio (2024), do cineasta mexicano Rafael Rangel. O documento audiovisual sitúanos no lugar dos acontecementos e, sen faltar á verdade do sufrimento dun pobo enteiro, amosa a crúa e brutal realidade: o horror da destrución e o xenocidio perpetrado polo Estado de Israel sobre Palestina.

Ten unha duración de 102 minutos.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 7 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Proxección

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies