
O mércores, 8 de abril, ás 19:30 h, proxectaremos no noso local o documental A terra por gañar, unha historia do ecoloxismo galego, unha obra que narra a historia da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) desde a súa fundación en 1974. A peza ofrece unha ollada profunda ao impacto do movemento ecoloxista galego e ás agresións ambientais sufridas desde o inicio da sociedade industrial. Tras a proxección, haberá un coloquio con Alberte Sánchez, ex-secretario xeral de ADEGA que compartirá a súa experiencia na defensa da Terra e analizará como os conflitos locais se converteron en desafíos globais.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.