Cafés feministas: Quen debe ser o suxeito político do feminismo?

AC Alexandre Bóveda

O sábado 11 de abril, de 12:00 a 13:30 h, agardámosvos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para unha nova sesión do ciclo Cafés Feministas. Nesta ocasión, o encontro levará por título “Quen debe ser o suxeito político do feminismo?”.

Neste encontro, organizado pola ACAB en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres, preguntarémonos quen debe ser o suxeito político do feminismo.? é representativo da sociedade? é estático? evolucionou? é o que queremos? Cara onde queremos camiñar?  O feminismo é o movemento social que loita pola igualdade entre homes e mulleres, un movemento no que a loita é cousa de mulleres, no que o protagonismo e o traballo son das mulleres, pero que pasa cando o xénero evoluciona e sae da rixidez do heteropatricarcado e o capitalismo?

Non é necesaria inscrición previa.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 11 Abril 2026
Hora: 12:00
Tipo de evento: Encontro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies