
O venres 3 de xullo ás 18:30 h organizamos con SOS Racismo o obradoiro Racismo en Galiza: formas, denuncia e conciencia social.
O racismo non sempre se ve, e moito menos cando os datos escasean. Pero está aquí, na nosa comunidade. Esta formación práctica aborda os tipos de discriminación racial máis frecuentes en Galiza, os xeitos correctos de actuar cando nos atopamos con elas —sexamos vítimas ou testemuños— e as claves para construír, entre todas, unha conciencia social e práctica activa contra o racismo. Porque recoñecer, nomear e actuar é responsabilidade de todas.
Este obradoiro será impartido por Sonia Mendes Da Silva, técnica de SOS Racismo e terá unha duración aproximada de dúas horas e media.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.