Pensando o Futuro: Radiografía da Política Cultural Galega

Pensando o Futuro: Radiografía da Política Cultural Galega

No marco do ciclo Pensando o Futuro, organizado por ACAB e a Área de Cultura da Deputación da Coruña, o mércores 13 de maio ás 19:30 h, terá lugar a charla titulada Radiografía da Política Cultural Galega, a cargo do xestor cultural Fran Quiroga.

Fran Quiroga, coordinador do Manual de Políticas Culturais Locais (editado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña), fará unha reflexión sobre que política cultural domina hoxe en día en Galiza e sobre como abordar accións e estratexias que contribúan a fortalecer unha cultura con impacto social.

O acto contará coa intervención de Natividade González, deputada da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

As persoas que nos acompañen levarán de agasallo un exemplar do Manual de Políticas Culturais Locais.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 13 Maio 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies