
O xoves 19 de febreiro ás 19.30 h, a Asociación Alexandre Bóveda acolle o recital de presentación do libro solidario Poetas na Cociña VI.
Esta publicación, editada por Medulia Editorial, nace co firme propósito de apoiar o labor da Cociña Económica da Coruña. O proxecto foi concibido integramente para axudar a esta institución coruñesa, sendo un volume editado polos propios poetas participantes. Grazas a esta xestión directa, toda a recadación obtida coa venda dos exemplares destinarase de xeito íntegro á Cociña Económica, unindo así a creación literaria coa solidariedade social.
Estaremos acompañadas por Olga Patiño, Montse Yoldi, Chisco Fdez. Naval, Henrique Rabuñal, Ana Ramil, Celso Alvarez Cáccamo e Carlos Abeledo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.