Presentación de “Recuperemos as mans”

AC Alexandre Bóveda

O mércores 19 de marzo, ás 19:30 h, acollemos a presentación da edición conmemorativa de Recuperemos as mans, coa participación de Carme Adán.

O Consello da Cultura Galega vén de reeditar nun único volume dúas obras fundamentais de María Xosé Queizán, Recuperemos as mans (1980) e Evidencias (1989), que marcaron un fito no pensamento feminista galego. Esta publicación conmemora o aniversario da autora e ofrece unha oportunidade única para afondar no seu legado intelectual.

Nestes textos, Queizán aborda cuestións que seguen sendo centrais no noso presente: a diferenza sexual, a familia, a participación na esfera pública, a violencia contra as mulleres, o lesbianismo, o poder, o valor, a lingua, o corpo e o desexo, o amor e a escrita das mulleres. A reedición non só recupera estas dúas contribucións imprescindibles ao feminismo galego, senón que convida á súa lectura e reflexión nun contexto actual.

A encargada de conducir este encontro será Carme Adán, doutora en Filosofía, ensaísta e responsable do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía entre 1997 e 2005 e foi secretaria xeral de Igualdade no Goberno galego entre 2005 e 2009.

As persoas que nos acompañedes levaredes como agasallo un exemplar desta publicación. Desde a web do CCG tamén a podedes descargar: Recuperemos as mans. Evidencias.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 19 Marzo 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies