
O xoves 21 de maio, ás 19:30 horas, acollemos a proxección do documental Regueifando con pracer, seguida dun coloquio coas súas protagonistas.
Contaremos con Raquel “a Doallo”, unha das impulsoras do documental xunto coa socióloga e terapeuta María García “SRA. Placerful”; e con Alba María, regueifeira e docente, que tamén participa no documental, que é unha proposta que celebra a regueifa e o pracer como ferramentas de transformación social.
Raquel “a Doallo” é docente, activista da economía feminista e solidaria… e regueifeira desde hai 3 anos, cando coñeceu as posibilidades da improvisación oral como ferramenta pedagóxica, cooperativa e transformadora. Desde “aopaso” (www.aopaso.gal) apoia proxectos diversos desenvolvidos por ONGD, é formadora no eido do autoemprego colectivo con persoas adultas e tamén leva adiante nas aulas galegas obradoiros formativos e propostas participativas con mocidade.
Alba María é cantora, improvisadora oral e profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Traballa no eido da regueifa, dinamizando desde hai 15 anos este xénero de improvisación oral con obradoiros, charlas, investigacións e proxectos multidisciplinares, vinculando poesía, oralidade, música e feminismo a partes iguais. Escribiu o libro Regueifa en Bergantiños e o disco Aínda, ambos con a Central Folque.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.