
O xoves 26 de febreiro ás 19.30 h no noso local, acolleremos a presentación do libro A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española, coa presenza do seu autor, Dionísio Pereira. Esta obra, editada por Slaiki Akhawayne nun formato bilingüe árabe-castelán, debulla a violencia exercida polo bando sublevado no norte de África entre 1936 e 1939.
A publicación manexa unha base de datos con máis de 150 persoas residentes españolas represaliadas, incluíndo o fusilamento de medio centenar de persoas no Rif Central, Melilla ou Ceuta. O libro documenta tamén a violencia desmedida contra os rifeños que se negaron ao recrutamento forzado para o exército de Franco, demostrando que a brutalidade da Guerra de África continuou baixo o dominio dos militares franquistas no Protectorado.
Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é un das grandes referencias nos estudos da memoria na Galiza. É autor dunha abondosa bibliografía arredor dos movementos sociais e político no período republicano e sobre a represión franquista.
É unha presentación feita en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.