
O sábado 7 de marzo ás 12 h, con saída desde o Campo da Leña, realizaremos o roteiro A Coruña das Mulleres.
En 1936, o Golpe de Estado fixo saltar polo aire a vida de millares de mulleres. A educación, a cultura, o pensamento, o sentimento, a liberdade, a palabra, todas foron silenciadas e con elas, as mulleres. No 90 aniversario dese crime contra a democracia homenaxearemos a algunhas das mulleres represaliadas polo franquismo neste roteiro:
Campo da Leña: A represión das mulleres en Galiza. Con Montse Fajardo.
Rúa Panadeiras: María Miramontes. Con María Xosé Bravo.
Praza das Atochas: As Mapoluas libertarias. Con Inés Merayo Fernández.
María Pita 17: As mestras represaliadas (María Barbeito, Mercedes Romero Abella, Elvira Bao…). Con Cristina L. Villar.
A Mariña: Mª Luz Morales. Con Keina Espiñeira.
Traseira do teatro Rosalía: Mulleres muro. Syra Alonso. Con Carmela Galego.
Autoridade Portuaria: Mercedes Núñez e Juana Capdevielle. Con Patricia Angulo.
Teatro Colón: María Casares. Con María Lopo.
A actividade terá unha duración aproximada de hora e media e contará coa música de Non fagas ruido e as Cantareiras Revolteiras. Como afirmou Syra Alonso: “O que máis glorifica a Galiza é o valor das súas mulleres”.
Non é necesaria inscrición.
DATOS DO EVENTO
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.