
A Coruña foi a primeira cidade galega en coñecer a arte das imaxes en movemento e tamén foi o fogar do primeiro cineasta de noso, José Sellier. Aquí naceu María Luz Morales, pioneira da escrita cinematográfica, e unha revista de vida longa, Radio y Cinema. E tamén foi aquí onde naceron actores e actrices que poboaron as pantallas, dos máis recordados María Casares e Fernando Rey a Antonio Casas, Xan das Bolas ou mesmo figuras singulares como Serafín Ferro e Eumedre. Unha cidade que chegou a contar con 17 salas de cinema que sumaban 15000 butacas é, de forma innegábel, unha cidade cinéfila. Neste roteiro pasearemos por algúns lugares emblemáticos que nos permiten reconstruír a memoria dunha Coruña entregada ao cinema.
O roteiro será guiado por Martin Pawley crítico de cinema e produtor.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR